Actuacións

1. Aparcamentos

Unha das cousas que máis nos sorprendeu foi que os coches invadían a beirarrúa aínda tendo espazo de sobra no espacio asignado como aparcadoiro, como se pode ver nas fotos.

Observando a situación dos coches, démonos conta de que a maioría aparcaban achegando as rodas traseiras ata a beirarrúa. Esto supón que todo o que mide o coche desde a roda ata a parte traseira ocupa un espazo que non lle corresponde.

IMG_3001

Despois de facer as medicións poidemos comprobar que as beirarrúas miden 1,20cm de ancho e algúns coches invaden de 20 ou 50cm (dependendo da lonxitude do coche), polo que queda un espazo moi estreito para pasar, tendo en conta que este é un lugar con moito tránsito, sobre todo na hora da entrada, xa que case coincidimos coa hora de entrada do instituto.

IMG_2999

Por este espazo é difícil camiñar dúas persoas xuntas. Hai que facelo dun en un, sobre todo se levamos unha mochila ou un coche de bebé.

IMG_2923

IMG_3243Como non podemos modificar as beirarrúas pensamos que tiñamos que facer algo.

IMG_1854IMG_2781

A patrulla de “Pés na rúa ” púxose en marcha para intentar que este costume cambiara. Fixemos unhas tarxetas co noso logo e cunha mensaxe:

1- Agradecendo que se respetara o espazo para os peóns e que non invadiran a beirarrúa.

2-Agradecendo ás persoas que aparcaban no pavillón, xa que deste xeito non se fan paradas inadecuadas ou perigosas para deixar os fillos na entrada do colexio, ainda que sexa máis incómodo.

Decidimos conxuntamente que as notas que deixáramos nos coches ían ser de agradecemento, soamente deixaríamos tarxetas a quen o fixese ben. Era como deixar un agasallo no parabrisas a quen o merecía. Os nenos e nenas pensaron que os que aparcaban mal, acabarían facéndoo ben para conseguir a nosa tarxeta de agradecemento…

IMG_2882

Fixemos varias saídas con este obxectivo, cando o tempo e os nosos horarios  no lo  permitían, para que o noso traballo fose máis efectivo.

IMG_1902IMG_1907IMG_1909IMG_1961

Un día levamos unha grata sorpresa: Os coches estaban ben aparcados!!!!!! Podíase camiñar con folgura!!!!!!!.

Sentimos que o noso traballo tiña os efectos desexados!!!!!.

Aínda que non ocorre sempre así, hai días que vemos algún coche mal aparcado. Ata agora todas as notificacións que deixamos nos coches foron de agradecemento. Pero en vista de que había algúns que se resistían, podía ser porque non eran apercibidos e sopesamos a idea de deixar avisos nos parabrisas facéndolles ver o noso desexo de que se respeten os espazos para os peóns. Este nova estratexia aínda non sabemos se dará un resultado tan bo como esperamos.

IMG_2843

Esta é a imaxe que nos gustaría ver todos os días!!!!.

2- Semáforo

Nunha das nosas primeiras saídas fixemos medicións do tempo que tardaba o semáforo en dar paso aos peóns despois de pulsar o botón. Tardaba 32 segundos!!!!! Pareceunos moito tempo de espera, cando non hai outros semáforos cos que tivera que estar coordinado.

IMG_1643

E o tempo que se mantiña verde para os peóns pareceunos moi escaso ( 12 segundos), xa que unha persoa con mobilidade reducida tería problemas para cruzar tranquilamente.

IMG_1710

6 pensamentos sobre “Actuacións

  1. Ao volante convertímonos en maleducados e pouco solidarios con outros conductores e moito mais cos viandantes. Tivestes moi boa idea ao plantexar este traballo . E polo que vexo foi moi efectivo. Felicitacións!!!!!

    Gústame

  2. Noraboa por este traballo magnífico que estades a facer coa vosa mestra e a colaboración do Concello. Din que “pasiño a pasiño, faise camiño” . É verdade sodes un exemplo a seguir, ¡0xalá os imitaran moitos! pois con iniciativas así de colaboración arranxaríanse moitos problemas.

    Gústame

  3. Bos días a tod@s.

    En primeiro lugar quero presentarme no marabilloso blog que estades a facer. Chámome Cristina e son axente de policía no Concello de Ames. Encántame o meu traballo por moitas razóns, e entre elas está poder colaborar con persoas tan especiais como vos, porque sodes uns analistas fantásticos. Desexo de todo corazón que sigamos formando un equipo e que pouco a pouco academos as metas que propoñedes neste blog. Cando falo do equipo “PES NA RÚA” quero incluir ao profesorado, alumnado, os pais e as nais do CEIP “A Maia”. É responsabilidade de tod@s que este blog sexa un ÉXITO!!!!!!!!!.

    Estou desexando ir a excursión en bici.

    Felicidades e unha apreta moi forte.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s