Mapas

Usamos os mapas para traballar distintas temáticas:

1.- Como axuda en Ciencias Sociais

a).  Estudo dos mapas. Os elementos que os forman e como orientarse neles.

b).  O paso do tempo. A localidade.

c).  A historia de Galicia. Época castrexa.

2.- Facer os traxectos dos autobuses.

3.- Visualización das zonas adicadas aos peóns a través dos mapas vía satélite.

4.- Elaboración dunha maqueta.

5.- Proxectar unha ruta para un paseo en bicicleta.

 

Estudio dos mapas. Os elementos que os forman e como orientarse neles.

Utilizamos mapas para visulizar a zona de Bertamiráns. Pareceunos unha boa maneira para ubicar o colexio, ver as rutas para chegar tanto en autobús coma se vimos polos nosos medios.  Aproveitamos para recordar o aprendido en Ciencias Sociais: a lenda, a escala, tipos de mapas,…

ruas_bertamirans

 

Traxectos dos autobuses.

Aproveitamos o “callejero” para facer as rutas e señalizar as paradas dos autobuses.

IMG_1844

 

 

O paso do tempo.

 

IMG_1845

Foto aérea do colexio no ano 1991 cando aínda non había beirarrúas.

IMG_1846

Foto desde satélite do ano 2002.

Visualización das zonas adicadas aos peóns (Google Earth)

 

Usamos Google Earth para visualizar con claridade o espazo excesivo dedicado aos coches (aparcadoiros excesivamente amplos e mediana desaproveitada) en detrimento das beirarrúas.

Elaboración dunha maqueta.

 

 

Tivemos a idea de facer unha maqueta da zona escolar tal e como nos gustaría que fose. Contamos coa colaboración dalgúns pais de alumnos do centro que se dedican á cartografía e aportáronnos mapas cartográficos para poder facer a maqueta. Xa tiñamos datos que non conocíamos como as curvas de nivel ( números en vermello), a altura dos edificios (números en negro)…

Historia de Galicia . Época castrexa

Na páxina que nos facilitaron (http://mapas.xunta.gal), poidemos ver tamén a ubicación dos dous castros que hai nas proximidades, grazas a un tipo determinado de mapa cartográfico (sombreado). Aproveitamos esta información para o tema de Ciencias Sociais “A historia de Galicia” que estamos a traballar. Algún día poderiamos ir visitar o emprazamento dalgún dos castros…

vista castros

 

Paseo en bicicleta.

Ás responsables do proxecto “Pés na rúa” ocorréusenos facer unha viaxe en bicicleta pola contorna coa idea de fomentar o uso dun medio de transporte saudable, ecolóxico, barato e sostible e que está ao alcance de moitos usuarios. O noso proxecto está orientado a unha mobilidade sostible e segura tanto como peóns, como usuarios de bicicleta ou de vehiculos a motor, e como tratamos con nenos e nenas os medios que están ao seu alcance, son nos que debemos incidir e fomentar.

Levamos esta proposta á Cristina, a policía local que nos axuda no proxecto, e pareceulle unha boa idea. Aos poucos días tróuxonos un mapa coa ruta proxectada por ela na que incluía o paso polos pretroglifos do Vilar ou “Os batáns”, pasando polo paseo fluvial, a depuradora e un paseo preto do río Sar. A ruta ten 11 km e temos previsto facela a mediados do mes de xuño como remate do curso.

 

mapa bici 1mapa bici 2

 

 

Unha idea sobre “Mapas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s