Patrulla escolar

A Patrulla Escolar é un servizo que temos no centro á hora das entradas e as saídas, regulando o paso de peóns para que non se formen atascos na entrada, velando pola seguridade do alumnado na zona exterior e intentan que os vehículos non invadan as zonas de entrada, o paso de peóns ou a dársena de autobuses. Decimos que intentan porque a súa queixa é que en moitas ocasións non lles fan caso ás súas peticións, nos comentan que soamente fan caso á policia.

Valoramos que a súa experiencia podería ser moi valiosa para nos, quixemos saber a súa opinión e preparamos unha entrevista.

As compoñentes da Patrulla Escolar son María Jesús e Imma. Por certo, son nai e filla!!!

 

ENTREVISTA Á PATRULLA ESCOLAR  Febreiro de 2016

  •  Cantos anos hai que empezastes este traballo?

Mª Jesús: Levo máis de dez anos.

Inma: Vou facer dous.

  • Como vos sentides ao traballar? Gústavos este traballo?

Mª Jesús: Gústame ver un sorriso na cara dos nenos cando chegan á escola.

Inma: Eu estudiei para outra cousa, pero gústame.

  • Credes que os rapaces e rapazas poderiamos facer o voso traballo?

Se non lle tedes medo á chuvia e ao frío, igual si. De todos modos as normas municipais non o permiten.

  • Como podedes aguantar cando chove moito?

É o noso traballo, aínda que ás veces cústanos; os sorrisos dos nenos anímannos.

  • Alí onde estades que preferides, con semáforo ou sen semáforo?

Mellor sen semáforo, porque produciríanse máis atascos.

  • Os peóns respectan o que lles indicades? E os coches?

Os peóns obedecen case todos, pero os coches son máis desobedientes.

  • Que credes que habería que mellorar na calzada e nas beirarrúas?

Na calzada deberían diminuír a velocidade dos coches, porque nas zonas escolares van a 30 km/h. E a beirarrúa, facela máis ancha.

  • Como facedes para saber cando para o tráfico? Como vos poñedes dacordo para facelo á vez?

Cando non veñen coches berrámonos sen que se dean conta, ou cun asubío.

  • Credes que as saídas e as entradas deberían organizarse mellor? Como?

Si, ás veces na porta non deixan pasar os nenos; os adultos teñen que mirar por todos os nenos, non só polos seus fillos; tamén circular a modo e aparcar ben.

  • Pensades que estaban mellor organizadas noutra época?

Non! Co paso do tempo foise organizando mellor.

IMG_2925

IMG_1732

IMG_1724

 

IMG_2810IMG_2811IMG_2812

2 pensamentos sobre “Patrulla escolar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s