Transporte escolar

Dentro do noso traballo de investigación sobre os accesos o cole, tamén fixemos un estudo sobre o transporte escolar. Tiñamos que ver se o alumnado que fai uso del,  facíao de xeito adecuado, se o espazo de aparcamento era seguro e se as rutas dos autobuses estaban optimizadas.

 IMG_2898Na clase de plástica fixemos un autobús en tres dimensións

Poidemos escoitar, por parte do alumnado que usa o transporte, que en cuestión de seguridade os nenos e nenas fan un uso responsable do servizo e que as monitoras velan para que se cumplan as normas, tanto dentro coma fóra do autobús, á hora da subida e da baixada, procurando que se faga en orden. O maior problema que se atopan as monitoras é entar no centro. Este problema xorde debido a que, en moitos casos, os pais e nais que acompañan os seus fillos á escola, quedan na entrada facendo difícil a circulación do alumnado que baixa do autobús, sobre todo os máis pequenos que entran en ringleira coas acompañantes. En moitas ocasións as monitoras teñen que ir facendo sitio entre os pais e nais para pasar, tendo detrás delas filas de ata 18 nenos de Educ. Infantil, co risco de que a ringleira se desfaga e algún neno ou nena acabe indo para a estrada.

IMG_2970

IMG_1723

Nunha das nosas primeiras saídas a inspeccionar a contorna poidemos ver que estababn acondicionando un espazo para poder circular, tanto o alumnado que sae do autobús coma o alumnado que transita cara o instituto. Este espazo é unha mestura de arcén e beirarrúa, pero agora xa podemos circular sen medo a ser arroiados polo autobús.

IMG_1689
Ao final quedou así.

Tamén neses días fíxose un simulacro de ampliación das dársenas dos autobuses e unha das cousas que se contemplo foi facer as beirarrúas máis amplias como se pode ver nas fotos. Eso se agradece!!!! Queremos eso pero todos os días!!!!

 

Hai seis autobuses facendo o servicio de transporte ao colexio. Fixemos grupos co alumnado que usa o autobús, de xeito que cada grupo estivese formado polos usuarios do numero 1 ao número 6. Sorprendeunos que houbera catro autobuses que fixeran case a mesma ruta e que por unha parada pasaran tres autobuses con distinto horario.

Propuxémonos falar coa empresa de transporte para intentar optimizar as rutas dos autobuses.

IMG_2946

IMG_1844

2 pensamentos sobre “Transporte escolar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s