Excursión en bici

Como colofón do noso traballo imos a facer unha excursión en bicicleta pola contorna. Para poder facela tiñamos que contar coa axuda da Policía Local, falamos con Cristina e mostrouse entusiasmada coa idea. Tan entusiasmada quedou coa idea, que tardou moi poucos días en presentarse no colexio con unha proposta de ruta (excursión documento), un mapa co recorrido (no apartado de mapas) e con unha guía para usuarios de bicicleta(Guia-Ciclista-2016).

A ruta ten unha loxitude de 11 Km aproximadamente. No recorrido poderemos ver, entre outras cosas, os petroglifos do Vilar, o muiño do Paseo Fluvial, a depuradora de Ames ademais de coñecer a flora e a fauna da zona fluvial do río Sar. Tamén poderemos ver as agresións ao medio ambiente en primeira persoa: as augas contaminadas do Sar (que se pode apreciar tanto na cor da auga como no cheiro que desprende), os plásticos que quedaron enganchados nas ramas das ábores nas crecidas do río…

Aproveitaremos  para clasificar as árbores que atoparemos no camiño, fixándonos no tronco e nas follas, completando o traballo de aula. Para facilitar a identificación levaremos á excursión unha guía de árbores.  Guía de árbores.

Según o cartel informativo que hai na veira do río, na fauna que poderemos atopar na zona hai moitos insectos, o pato azulón, garzas, andoriñas, poporubios, merlos,ratas de auga… Guía de aves   Debido á contaminación da auga xa non hai troitas nin lampreas, pero sí se poden atopar anguías. Estas especies son autóctonas, máis tamén atópanse no río especies foráneas como as tartarugas de Florida e o visón americano, que perxudican ás especies locais porque teñen que competir polo espacio e o alimento.  Animais foráneos  Esto é o resultado do abandono destes animais que foron mascotas nalgun momento.

Faremos grupos para buscar pegadas ou calquera rastro que poideran deixar algún destes animais na veira do río.

Para poder elaborar o percorrido Cristina fixo a viaxe previamente para saber adificultade do traxecto, cal sería ruta máis doada, etc. Tamén nos fixo saber que nestes últimos días creceu moita a herba na zona das ruinas dun muinño e algunhas estrugas creceron moito invadindo o camiño. Vaise encargar de que poidamos visitar o muiño limpando os arredores e cortando as estrugas que invadan o camiño.

Grazas por facernos o camiño fácil!!!!

Deixamos as bicicletas no colexio o día anterior. Ao día seguinte fixemos prácticas todos xuntos polo patio. Despois dunha charla de Cristina na que nos recordou as normas para viaxar en bici e de demostrar que sabíamos as normas e que estabmos en condicións de poder circular pola estrada, Cristina entregounos un carnet de ciclista a cada un de nos.Dous dos nosos compañeiros foron no coche da policía que tiñamos como apoio. Unha como reporteira gráfica e outro como encargado do botiquín.

O día estaba nubrado pero parecía que iba a aguantar sin chover. Saímos e aos poucos minutos empezou a chover un pouco. Tivemos que facer a pé unha parte da ruta porque era moi pendente e con pedras soltas. Decidimos non arriscar.

 

 

Calentando motores!!!!

Empezou a chover con forza xusto cando estábamos chegando aos petroglifos. Alí estabamos a cuberto.

Limos os carteis informativos e buscamos os petroglifos. Levamos unha sorpresa con Cristina:

Ademáis de ser unha “superpoli” está estudiando “Historia do Arte”. Dounos explicacións sobre petroglifos que non sabíamos.

Parecía que non ía parar de chover!!!!! Pero por fín escampou e seguimos pedaleando ata chegar a unha carballeira, a atravesamos e fomos camiño do Paseo Fluvial. Para cruzar a Avenida da Mahía cortouse o tráfico para que pasáramos. Parecíamos os da vola ciclista!!!!

No Paseo Fluvial fomos como foguetes!!!!!

Un dos nenos tivo a mala sorte. Se lle rompeu o cambio de marchas e houbo que gardar a bici no coche de apoio.

Continuamos pola carretera coa protección da policía ata chegar ao camiño que vai ata Sisalde.

 

Chegamos a unha zona onde estaba previsto tomar a merenda. Hai un muiño con dúas pedras de moer. Observamos a arquitectura do edificio e falamos da función que tivo no seu momento.

Cando estábamos acabando a merenda, veu o Xefe de Policía para ver si todo iba ben. Sentímonos moi ben protexidos!!!!

Para comer non podímos sentarnos porque estaba todo mollado, así que usamos os cascos!!!! Somos xente de recursos!!!!

Antes de continuar o camiño fomos a pasear pola orilla do río. Olía un pouco mal, a auga estaba sucia e poidemos ver os pláticos mas ramas das árbores. Non atopamos aves nin as súas pegadas. O que sía atopamos foron moitos artrópodos!!!!

 

 

Xa era hora de seguir. Fixemos unha parada no parque infantil da Condomiña. Volvemos polo Paseo Fluvial hacia o Pazo da Peregrina. Aquí estaba o peor tramos da ruta: chegar dende o pazo ata o colexio. É unha costa bastante pronunciada, pero estábamos decididos e decididas a chegar, como campeóns. Aínda que tiñamos a indicación de que si non podíamos ir coa bici podíamos ir andando, casi todos chegaron nas bicis.

 

Chegamos cansos pero contentos e felices!!!! Proba superada!!!!

Era a hora de despedirnos. Cristina sae de viaxe mañá e ten que facer as maletas.

Boa viaxe!!!!

IMG_2245

8 pensamentos sobre “Excursión en bici

  1. A saída de hoxe foi unha experiencia fantástica para o alumnado de 4º A!! . Como directora do centro non quero deixar de felicitar á titora deste grupo, María, e darlle públicamente as grazas á policía local Cristina pola súa implicación e esforzo para que este proxecto saise adiante, sen esquecerme dos outros axentes q hoxe acompañaron e facilitaron todo para q esta saída resultara unha experiencia inesquecible.
    Moitas grazas a todos e parabéns por deixarnos demostrar que hai cousas que si son posibles.

    Gústame

  2. Vaia excursión mais completa e ben planeada!. Encántanme os vosos enlaces con información adicional: árbores, animais foráneos,…. Seguro que, ademais de pasalo xenial, aprendestes moitas cousas novas.
    Agora tedes que descansar un pouco para seguir a traballar o próximo ano.
    Boas vacacións para todos!

    Gústame

  3. Estés cursos foron os mellores da miña vída.
    Á excursión en bicicleta foi xenial.
    Para todos os meus compañeros desexovos un bo veran.😊👧👩👍💋👄💋

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s